miércoles, 22 de abril de 2009

Como llegar

Vigo está ben comunicada grazas a unha completa rede de infraestruturas que conectan a cidade cos principais núcleos urbanos galegos, peninsulares e internacionais.

O seu porto atlántico, o seu aeroporto, a rede de estradas e o ferrocarril permiten a existencia dunha ampla oferta de transportes para todos os gustos e todas as posibilidades.

Por estrada:
Vigo conta con tres grandes viais:

A Autovía do Noroeste: conecta a cidade con Madrid e a meseta a través de 667 km de estrada.
A Autovía das Rías Baixas: discorre dende Vigo até a autoestrada do Norte de Portugal, pasando por Tui, Braga e O Porto até enlazar con Lisboa; tamén enlaza coa autoestrada Vigo-Baiona.
A autoestrada do Atlántico: comunica a cidade olívica co norte de Galicia a través de Pontevedra, Santiago e A Coruña.
En autobús:
As principais conexións enlazan Vigo con Madrid, Barcelona, Asturias, Bilbao, Irún, San Sebastián, Zaragoza, Extremadura, Andalucía... Tamén conta con rutas internacionais con Portugal (O Porto, Lisboa e Algarve), Francia, Suíza, Bélxica, Holanda, Dinamarca e Alemania.

Estación de autobuses de Vigo:
Enderezo: Avenida de Madrid, 57
Teléfono: 986 373 411
Páxina web:Estacion de autobuses En tren:
Existen conexións diarias entre Vigo e as cidades veciñas: Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña e O Porto.

Ademais a oferta inclúe expresos e talgos cada día cara a Madrid e Barcelona, e trens directos a León, Ponferrada, Bilbao e Alicante.

Estación de trens ADIF:
Enderezo: Praza da Estación s/n.
Atención ao cliente: 986 269 403
Información nacional: 902 240 202
Información internacional: 902 243 402
Páxina web: www.renfe.esEn barco:
O porto vigués recibe cada ano miles de pasaxeiros de cruceiros, entre os que destacan o “Queen Mary II”, o “Queen Elizabeth”, o “Oriana” ou o “Arcadia”, entre outros.

Durante todo o ano hai transporte diario ás localidades de Moaña e Cangas do Morrazo.

Ademais, en Semana Santa e dende mediados de xuño a mediados de setembro realízanse rutas diarias ás Illas Cíes.

Estación Marítima:
Enderezo: Estación Marítima s/n.
Teléfono: 986 225 272
Información: 902 454 645
Páxina web: www.mardeons.comEn avión:
O aeroporto de Vigo está situado a 10 km do centro da cidade. Conta cunha ampla oferta de voos regulares a Madrid, Barcelona, Bilbo, Canarias, Alacant, Sevilla, Baleares, Valencia e Málaga; e voos internacionais a París, Copenhaguen, Francfurt, Estocolmo e Lisboa.

Aeroporto de Peinador:
Enderezo: Avenida do Aeroporto s/n.
Teléfono: 986 268 200
Páxina web: www.aena.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario